Inicio EPIDAT, software galego para a análise de datos

Organizadores




EPIDAT, software galego para a análise de datos PDF Imprimir Correo-e
There are no translations available.



Dirixido a:
Persoal sanitario, biólogos, veterinarios, docentes, enxeñeiros, economistas, profesionais e investigadores que necesitan analizar datos no seu traballo.
Requisitos:
É recomendable que os participantes teñan coñecementos básicos de Informática e de Estatística. Deben dispoñer dun PC con conexión a internet e ter instalada a máquina de java (dispoñible gratuitamente no enderezo web https://www.java.com/es/download/)
Metodoloxía:
O curso será fundamentalmente práctico.
Profesorado:
Mª Isolina Santiago Pérez. Servizo de Epidemioloxía, Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Xunta de Galicia.
Gael Naveira Barbeito. Servizo de Epidemioloxía, Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Xunta de Galicia.
Mª Jesús Casado Barrio. IES Francisco Daviña Rey, Monforte de Lemos.
Datas do curso:
Parte non presencial: do 16 de setembro ao 24 de outubro de 2015.
Clase presencial: 24 de outubro de 2015.

PROGRAMA DO CURSO EPIDAT, SOFTWARE GALEGO PARA A ANÁLISE DE DATOS

TEMA 1 MOSTRAXE
Cálculo de tamaños de mostra. Selección da mostra. Mostraxe aleatoria simple. Mostraxe aleatoria estratificada.

TEMA 2 ANÁLISE DESCRITIVA
Táboas de frecuencias. Táboas de continxencia. Estatísticos descritivos. Gráficos (Barras, Dispersión, Histograma, Diagrama de caixas)

TEMA 3 INFERENCIA SOBRE PARÁMETROS
Unha poboación (Media, Proporción). Dúas poboacións (Medias: mostras independentes e emparelladas). Comparación non paramétrica (Promedios: mostras independentes e mostras emparelladas). Contraste de normalidade.

TEMA 4 CÁLCULO DE PROBABILIDADES
Cálculo de probabilidades (Distribucións discretas e continuas).
 
GalegoEspañolPortugués


Feito con Joomla!. Designed by: joomla templates web hosting Valid XHTML and CSS. Adaptado por MJ Ginzo-Villamayor