Control estatístico de calidade con R |
|
|
|
There are no translations available.
Dirixido a:
Enxeñeiros, técnicos das empresas ou da administración, ou investigadores que utilizan no seu traballo as ferramentas de control de calidade.
También é útil para estudantes de últimos cursos de enxeñaría, usuarios da estatística en xeral e usuarios do programa estatístico R.
Metodoloxía:
A parte non presencial impartirase a través da plataforma de teledocencia Faitic da Universidade de Vigo, con horario continuo e flexible. O alumno pode elixir cada día o momento do seu acceso aos materiais docentes, prácticas e probas, debendo únicamente cumprir cos prazos de envíou de traballos, informes de prácticas e cuestionarios de avaliación.
A única sesión presencial terá lugar durante o XII Congreso SGAPEIO.
Profesorado:
Antonio Vaamonde, Dpto. de Estatística e Investigación Operativa, Universidade de Vigo
Ricardo Luaces, Dpto. de Estatística e Investigación Operativa, Universidade de Vigo
Datas do curso:
Parte non presencial: do 16 de setembro ao 24 de outubro de 2015.
Clase presencial: 24 de outubro de 2015.
PROGRAMA DO CURSO DE CONTROL ESTATÍSTICO DE CALIDADE CON R
|
TEMA 1 INTRODUCIÓN AO CONTROL DE CALIDADE
Control de calidade. Introdución ao programa estatístico R. Metodoloxía 6 Sigma (DMAIC). Diagrama de Ishikawa. Diagrama de Pareto. Aplicacións
TEMA 2 MOSTRAXE DE ACEPTACIÓN
Mostraxe de aceptación. Concepto e tipos. Curva de operación. Plans de mostraxe. Aplicación con R
TEMA 3 O PROCESO DE MEDIDA. CAPACIDADE DE PROCESO
O proceso de medida. Erro, desaxuste, variabilidade. Capacidade do sistema de medida. MSA tipo I e tipo II. Repetibilidade e reproducibilidade. Capacidade de proceso. Índices de capacidade. Exemplos de aplicación con R
TEMA 4 GRÁFICOS DE CONTROL I
Control de variables e atributos. Gráficos de Shewhart . Media, percorrido, desviación típica, proporción.
TEMA 5 GRÁFICOS DE CONTROL II
CUSUM. EWMA. Aplicación con R
TEMA 6 EXPERIMENTOS FACTORIAIS
Experimentos factoriais. Deseños de mesturas. Exemplos de aplicación con R
TEMA 7 DESEÑOS TAGUCHI
Deseños Taguchi. Exemplos de aplicación con R
|
|