Inicio Obradoiros

Organizadores




Obradoiros PDF Print E-mail

Durante o XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións están programados dous obradoiros nos que se presentarán co programa estatístico R algunhas das técnicas que se exporán nas conferencias plenarias:

Os obradoiros serán impartidos por profesionais con ampla experiencia no uso da Estatística. Estes obradoiros pretenden amosar as aplicacións da Estatística a diferentes colectivos: enxeñeiros, economistas, persoal sanitario, biólogos, veterinarios, docentes, profesionais e investigadores que necesitan analizar datos no seu traballo, etc.

 

OBRADOIRO DE FactoMineR , ANÁLISE MULTIVARIANTE CON R
(inscribirse aquí)

Este obradoiro é previo á conferencia que impartirán a Dra. Mónica Bécue e Josep A. Sánchez Espigares sobre Sensometría.

 

PROFESORES DO TALLER
Dra. Mónica BÉCUE BERTAUT
Departament d'Estadística i Investigació Operativa e Fundació Miquel Augustí
Universitat Politècnica de Catalunya
http://www-eio.upc.edu/~monica

Especialista na análise estatística de datos textuais así como de datos de distintos tipos, cuantitativos, categóricos e textuais. Nos seus traballos de investigación, tomando como base a estatística multidimensional (análise de correspondencias, análise factorial múltiple e os métodos de clasificación), ofrécense innovacións metodolóxicas e explóranse novos dominios de aplicacións. Os desenvolvementos metodolóxicos compleméntanse ademais coa súa integración nun software libre, como R, concretamente no afamado paquete FactoMineR, creado no seo do Laboratoire de Mathématiques Appliquées, Agrocampus Ouest, Rennes, Francia. Algúns temas destacados do seu interese son a análise de datos de preguntas abertas nas enquisas e o estudio estatístico de textos retóricos ou argumentativos. No campo da sensometría ten estudado as tarefas de verbalización, especialmente no caso de estudos sensoriais en varias linguas, estendendo para isto a análise factorial múltiple xerarquizada a táboas de frecuencia e táboas léxicas. Na actualidade está desenvolvendo o software TextoMineR, dedicado a análise estatística de datos textuais.


Josep A. Sánchez Espigares
Departament d'Estadística i Investigació Operativa
Grupo de investigación ADBD - Análisis de Datos Complejos para las Decisiones Empresariales
Universitat Politècnica de Catalunya

 

Licenciado en Matemáticas pola Universitat de Barcelona e en Informática pola Universitat Politécnica de Catalunya onde exerce de Profesor Colaborador do Departament d'Estatística i Investigació Operativa na Escola Técnica Superior de Enxeñaría Industrial e na Facultade de Matemáticas e Estatística.
Desenvolve a súa investigación no ámbito da estatística computacional para datos lonxitudinais e series temporais. Autor de librarías de R e con publicacións en revistas indexadas da área da bioestatística e a enxeñaría. Participante en proxectos financiados do ámbito da enerxía e membro do grupo de investigación ADBD (Análise de Datos Complexos para as Decisións Empresariais).

OBRADOIRO DE ANÁLISE ESTATÍSTICA DE DATOS FUNCIONAIS CON R
(inscribirse aquí)

Este obradoiro é previo á conferencia que impartirá o Dr. Philippe Vieu sobre Análise de Datos Funcionais.

PROFESOR DO TALLER
D. Manuel OVIEDO DE LA FUENTE

Investigador do grupo MODESTYA do Dpto. de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela
eio.usc.es/pub/moviedo

Especialista en Estatística, con ampla experiencia na análise de datos funcionais e na transferencia de novos métodos estatísticos mediante a súa integración nun software libre, como R. É coautor da libraría de datos funcionais “fda.usc” de R, e de numerosos artigos científicos. Ademais colaborou en diversos proxectos de investigación, dando solucións a problemas multidisciplinares nos ámbitos da enerxía, o medio ambiente ou a bioestatística.

 
GalegoEspañolPortugués


Powered by Joomla!. Designed by: joomla templates web hosting Valid XHTML and CSS. Adaptado por MJ Ginzo-Villamayor