Inicio Inscrición

Organizadores




Inscrición PDF Print E-mail

Con motivo do XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións están programados dous cursos, que se impartirán online en datas previas ao congreso (do 16 de setembro ao 24 de outubro), e finalizarán cunha sesión presencial que terá lugar o sábado 24 de outubro durante o congreso.

Os cursos terán un número mínimo de participantes de 10 persoas e un número máximo de 30 persoas. A admisión nestes cursos realizarase por orde de inscrición. O prazo de inscrición para estes cursos, previos ao congreso, finaliza o 15 de xullo 30 de xullo ata o 15 de setembro ou ata completar as prazas*.

Cada curso ten un custo adicional de 20 euros sobre a cota do congreso, que se abonarán no momento da inscrición no congreso.

Así mesmo durante o congreso están programados dous obradoiros nos que se presentarán co programa estatístico R algunhas das técnicas que se exporán nas conferencias plenarias.

Os obradoiros son gratuítos, van incluídos na cota do congreso.

Os cursos e obradoiros serán impartidos por profesionais con ampla experiencia no uso da Estatística. Estes cursos e obradoiros pretenden amosar as aplicacións da Estatística a diferentes colectivos: enxeñeiros, economistas, persoal sanitario, biólogos, veterinarios, docentes, profesionais e investigadores que necesitan analizar datos no seu traballo, etc.

CÓDIGO DO TIPO DE COTA SR R N
CÓDIGO DO GRUPO COTA DE INSCRICIÓN
Inclúe todos os servizos do congreso, excepto os cursos e o xantar oficial do sábado
SUPER REDUCIDA
Ata o 15 30 de xullo
REDUCIDA
16 de xullo 31 de xullo ao 15 de setembro ao 10 de outubro
NORMAL
A partir do 16 de setembro 11 de outubro
G.I Socios da SGAPEIO e de sociedades con acordos de reciprocidade (SEIO, RSME e AGAPEMA) e persoal de empresas e institucións patrocinadoras 80 100 120
G.II Non socios 110 130 150
G.III Estudantes e desempregados socios 40 50 60
G.IV Estudantes e desempregados non socios 55 65 75
G.V Acompañantes, sen dereito a documentación 40 40 40
CÓDIGO DO CURSO COTA POR CURSO ONLINE PREVIO AO CONGRESO
(16 setembro ao 24 de outubro )
Ata o 15 30 de xullo

16 de xullo 31 de xullo ao 15 de setembro

ata o 15 de setembro ou ata completar as prazas*

A partir do 16 de setembro
C.I Control Estatístico de Calidade con R 20 20 NON DISPOÑIBLE
C.II EPIDAT, software galego para a análise de datos 20 20 NON DISPOÑIBLE
CÓDIGO DA COMIDA COTA COMIDA OFICIAL DO SÁBADO Ata o 15 30 de xullo 16 de xullo 31 de xullo ao 15 de setembro A partir do 16 de setembro
PE.C Prezo estándar 30 30 30
PR.C Prezo reducido para estudantes e desempregados 15 15 15

(*) Consultas sobre o número de prazas disponibles: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it

Aqueles que se acollan á reducción da cota de inscrición correspondente aos estudantes e desempregados deberán enviar unha fotocopia do documento oficial que acredite que pertence a este grupo a This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it .
O pago das cotas farase na conta bancaria da SGAPEIO indicada a continuación. No momento de facer a inscrición, debe achegarse o xustificante do pago a través desta páxina web.

CONCEPTO DE PAGO:

Indique por favor, como concepto de pago, a opción elixida. Consulte o grupo e os tipos de cotas que lle corresponden na táboa superior. O concepto de pago indicarase como segue a continuación. Indicarase obrigatoriamente unha das opcións de cada paréntese (), e as opcións indicadas entre corchetes [] indicaranse no caso de apuntarse a elas:

XII CONGRESO SGAPEIO (G.I / G.II / G.III / G.IV indicar grupo), (SR / R / N indicar tipo de cota ), [C.I / C.II], [PE.C / PR.C], [G.V con/sen comida]

Exemplos:

  • A cota “XII CONGRESO SGAPEIO G.III, SR, C.I” sería de 60 euros.
  • A cota “XII CONGRESO SGAPEIO G.III, SR, C.I, PR.C” sería de 75 euros.
  • A cota “XII CONGRESO SGAPEIO G.I, SR, C.II” sería de 100 euros.
  • A cota “XII CONGRESO SGAPEIO G.I, SR, PE.C” sería de 110 euros.


Por favor, cubra o seguinte cuestionario e máis abaixo atopará a información que necesita para facer a súa inscrición.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN aquí

INFORMACIÓN QUE NECESITA PARA SU INSCRICIÓN

DATOS DA CONTA NA QUE DEBEN REALIZARSE OS PAGOS DAS COTA:

Titular da conta: Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións - SGAPEIO
IBAN: ES11 2080 0314 3030 4001 9642
Entidade bancaria: ABANCA
Código BIC/Swift: CAGLESMMXXX

 

DATOS DO CONGRESISTA QUE DEBE INDICAR NO MOMENTO DE REALIZAR O PAGO:
NOME E APELIDOS
CONCEPTO DE PAGO
TOTAL A PAGAR (euros)
ENTIDADE BANCARIA
 
GalegoEspañolPortugués


Powered by Joomla!. Designed by: joomla templates web hosting Valid XHTML and CSS. Adaptado por MJ Ginzo-Villamayor