Inicio Envío de comunicacións

Organizadores




Envío de comunicacións PDF Print E-mail

O comité organizador convida a todos os colectivos vinculados coa Estatística e a Investigación de Operacións a participar nestas xornadas, presentando as súas experiencias e resultados máis recentes.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, haberá sesións de comunicacións para dar a coñecer os avances e as aplicacións da Estatística e a Investigación de Operacións, dirixidas a profesionais da Estatística e a Investigación Operativa e aos colectivos que fan uso das devanditas disciplinas, docentes, economistas, enxeñeiros, persoal sanitario, biólogos, veterinarios, profesionais e investigadores que necesitan analizar datos no seu traballo, etc.

Os participantes poderán enviar os seus traballos, que se presentarán de forma oral ou en póster, nas correspondentes sesións establecidas no programa.

O envío dos traballos deberá tramitarse a través desta web do congreso respectando os formatos e os prazos indicados a continuación. Os traballos recibidos serán sometidos a revisión polo Comité Científico, e posteriormente notificarase por correo electrónico o resultado da revisión.

Premios investigadores novos – 2ª edición (ampliada)

Tras o éxito de participación na primeira edición do premio para investigadores novos do pasado XI Congreso SGAPEIO celebrado na Coruña no 2013, neste XII Congreso SGAPEIO de Lugo haberá unha segunda edición.

Como novidade, nesta ocasión, haberá dous premios. A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións convoca premios ás mellores comunicacións presentadas neste XII Congreso por investigadores novos en dúas categorías. Haberá un premio Categoría A para a mellor comunicación teórica, e un premio Categoría B para a mellor comunicación aplicada. Os candidatos a calquera destes premios deberán presentar a súa comunicación no congreso nunha sesión oral especial.

A cada unha das dúas comunicacións premiadas corresponderalle un premio en metálico de 500 €. A notificación da concesión de ambos os dous premios (Categoría A e Categoría B) así como a súa entrega, realizaranse durante o acto de clausura do congreso.

DATAS IMPORTANTES PARA O ENVÍO DE COMUNICACIÓNS
Ata o 15 de xullo 30 de xullo 15 de setembro: último día para o envío dos traballos.
Ata o 30 de xullo 10 de setembro 21 de setembro: data límite para a confirmación de aceptación ou rexeitamento.


DOCUMENTOS IMPORTANTES PARA O ENVÍO DE COMUNICACIÓNS

A organización do XII Congreso SGAPEIO vai publicar un libro cos resumos (abstracts) dos traballos aceptados para a súa presentación no congreso. Os traballos completos serán incluídos nas actas dixitais do congreso.

Os traballos poderán remitirse en galego, castelán, portugués ou inglés indistintamente a través da web do congreso.

Os traballos deberanse axustar ao formato modelo de redacción creado para o evento (.tex ou .doc):

  • Modelo LaTeX (con exemplo de gráfica en pdf )
  • Modelo Word


O arquivo definitivo deberá subirse a web en formato .pdf e incluir como mínimo o resumo, palabras chave e bibliografía.
A extensión extensión máxima dos traballos será de 12 páxinas.

FORMATO DAS PRESENTACIÓNS TIPO PÓSTER
As comunicacións que desexen presentarse en formato póster disporán dun espazo máximo de 1189 x 841 mm (formato A0). A organización facilitará os materiais necesarios para a súa colocación.

Formulario para o envío de comunicacións
 
GalegoEspañolPortugués


Powered by Joomla!. Designed by: joomla templates web hosting Valid XHTML and CSS. Adaptado por MJ Ginzo-Villamayor