Inicio

Organizadores




XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións PDF Print E-mail

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) celebrará en Lugo, do 22 ao 24 de outubro de 2015, o XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, continuando coa liña de celebrar congresos bienais e de rotación entre as universidades galegas. A organización deste congreso foi encargada ao Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela, constituíndose un Comité Organizador formado por os profesores do departamento no Campus de Lugo e outros profesionais da Estatística. O Congreso celebrarase no Pazo de San Marcos, sede da Excelentísima Deputación Provincial de Lugo.

É a segunda ocasión en que a SGAPEIO celebra en Lugo o seu congreso bienal, despois de que en 1997 tivese lugar nesta mesma cidade o III Congreso, que contou coa Presidencia de Honra dos Duques de Lugo e tivo un notable éxito de asistencia.

Coma en edicións anteriores, a finalidade deste XII Congreso é dar a coñecer innovacións na metodoloxía, nas aplicacións, e no ensino, da Estatística e a Investigación de Operacións, en todos os eidos do coñecemento científico e tecnolóxico. Con tales fins, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e sesións de comunicacións orais e tipo póster. O programa incluirá tamén actividades de carácter cultural, que agardamos sexan do agrado dos asistentes.

Nesta edición, a programación oficial incluirá algúns relatorios para destacar as aplicacións da Estatística e a Investigación de Operacións nun sector relevante da economía galega como é o conxunto do sector alimentario, que inclúe tanto á industria alimenticia coma aos diferentes ámbitos de recursos do sector: a agricultura, a gandaría, a pesca ou a acuicultura.

 
GalegoEspañolPortugués


Powered by Joomla!. Designed by: joomla templates web hosting Valid XHTML and CSS. Adaptado por MJ Ginzo-Villamayor